martes, 31 de enero de 2012

EficienTIC, unha nova xornada



Esta mañá recibimos ao IES A Guía e ao IES Francisco Sánchez de Tui. Agardamos que teñades aprendido moito e sobre todo, que o pasarades moi ben con nós. Agardamos que nos visitedes en vindeiras edicións!
O xoves, recibimos dous novos grupos.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes


jueves, 26 de enero de 2012

Segunda xornada de EficienTIC





Esta mañá celebramos a segunda xornada de EficienTIC, cos centros IES Carlos Casares de Vigo e o CPR Divino Maestro de Ourense, xuntándonos 100 estudantes mais os participantes por parte de GRADIANT, ENERGYLAB e CITEXVI.

Agardamos que vos gustara e esperamos vervos en vindeiras edicións!

Aquí vos deixamos algunas imaxes, das visitas do martes e de hoxe


martes, 24 de enero de 2012

SESENTA ESCOLARES APRENDEN A SER MÁIS EFICIENTES NO USO DAS TIC






Esta mañá, sesenta alumnos de secundaria e bacharelato, procedentes dun centro de Baiona, inauguraron unha serie de xornadas de divulgación científico-tecnolóxica que terán lugar nas instalacións de CITEXVI, GRADIANT e ENERGYLAB.
As xornadas concentran diferentes charlas e obradoiros, a través dos cales o estudantes coñecerán o nivel de contaminación dos seus trebellos tecnolóxicos e tamén como utilizalos para aforrar e ser máis eficientes enerxeticamente falando.
Un Scalextric que funciona coa enerxía xerada polos propios estudantes ao dar pedaladas nunha bicicleta, unha radio que funciona coa enerxía xerada por unha soa candea, pantallas que se apagan cando non hai ninguén diante e volven funcionar cando “ven” unha cara... con múltiples exemplos prácticos, búscase xerar curiosidade e conciencia sobre os consumos dos aparellos electrónicos e as alternativas para seren máis eficientes.
As tres entidades, CITEXVI, EnergyLab e Gradiant, organizan nestes primeiros meses do ano, unha serie de obradoiros centradas na tecnoloxía e na eficiencia enerxética.
Estas actividades desenvólvense  no propio edificio CITEXVI, inaugurado este verán por Cristina Garmendia (ex ministra de Ciencia e Innovación) e o presidente da Xunta de Galicia Núñez Feijoó e que conta con múltiples espazos para a organización deste tipo de xornadas. Nas súas instalacións están establecidos, entre outros, Gradiant e EnergyLab, dous centros punteiros en cadansúas especialidades que, desta volta, se unen para ofrecer unha actividade de divulgación dirixida a fomentar o uso eficiente e responsable da tecnoloxía.
Este xoves, as entidades acollerán a segunda xornada, que se repetirá os martes e os xoves ao longo de case todo o mes de febreiro.
Estas xornadas, que están cofinanciadas pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología) supoñen a primeira actividade de divulgación científica organizada en colaboración por entidades aloxadas no edificio CITEXVI.



Para seguir o desenvolvemento das actividades:
Twitter: @Eficien_TIC @GradiantNews @Energylab1

martes, 17 de enero de 2012

Comeza EficienTIC!




Comezaremos as visitas o vindeiro día 24 de xaneiro ¡e xa temos tódalas prazas cubertas! Se o teu centro quedou fóra, sentímolo moito e animámoste a estar atento ás novidades e poder seguir de preto os contidos das actividades aínda que non esteas aquí.
Se o teu centro está anotado na lista de espera, permanece atento ao teu email. Se temos cancelacións de última hora, chamaremos á lista de espera por rigorosa orde de chegada.
Seguiremos informando!