viernes, 15 de marzo de 2013

Perto de 800 rapaces asisten a EficienTIC 2013



Onte despedíamos EficienTIC 2013 coa visita do IES As Bizocas de San Vicente de O Grove e oCPR Maristas "La Inmaculada" de Lugo. Esperamos que o pasárades tan ben coma nós. ¡Ata o ano que ven!







CITEXVI (Cidade Tecnolóxica de Vigo), GRADIANT (Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia) e ENERGYLAB (Centro Tecnológico de Eficiencia y Sostenibilidad Energética) organizaron EficienTIC, unhas xornadas de divulgación dirixidas a estudantes de secundaria e Bacharelato de toda Galicia. As xornadas arrancaron o martes 19 de febreiro e se desenvolveron todos os martes e xoves de febreiro e marzo ata o día 14.

Foi un mes de moitísima actividade, sorrisos e enerxía para o edificio CITEXVI  situado no Campus Universitario de Vigo que acolleu por segundo ano consecutivo EficienTIC 2013, unhas xornadas sobre eficiencia enerxética e tecnoloxía dirixidas a estudantes de ESO e Bacharelato de colexios e institutos de secundaria de toda Galicia.  Estas xornadas organizados -ademáis de por CITEXVI- por Energylab e por Gradiant, están cofinanciadas pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología) e o Ministerio de Ciencia e Innovación.

O éxito da convocatoria foi rotundo. Así o acreditan os perto de 800 estudantes que se achegarón aos talleres que se desenvolveron  dende o martes 19 de febrero, e se repetiron todos os martes e xoves de febreiro e marzo ata rematar o 14 de marzo.

As actividades de EficienTIC 2013, incluiron demostracións e visitas guiadas, completadas con obradoiros e os rapaces aprenderon cómo utilizar a tecnoloxía que nos rodea do xeito máis eficiente posible e como esta mesma tecnoloxía pode axudar ao medio ambiente, e cómo as enerxías renovables poden alimentar as nosas máquinas ou cómo facer funcionar aparatos sen electricidade.

A organización ficou moi contenta coa participación dos rapaces e espera que as actividades “serviran para achegar aos rapaces á ciencia e á tecnoloxía e que fagan súas ferramentas que permiten un aforro enerxético considerable”.



martes, 12 de marzo de 2013

¡Vamos que nos vamos!



Estamos llegando a la recta final de EficienTIC 2013. Muchas gracias al IES A Paralaia de Moaña y al Colexio Bouza Brey de Vigo por acompañarnos hoy ;-)
































jueves, 7 de marzo de 2013

Hoy estuvieron con nosotros el Colegio Quiñones de León e IES Valadares de Vigo



Muchas gracias al Colegio Quiñones de León y al IES Valadares de Vigo por la visita. Esperamos que os lo hayáis pasado genial. Un abrazo a todos.