Esta
mañá, sesenta alumnos de secundaria e bacharelato, procedentes dun centro de
Baiona, inauguraron unha serie de xornadas de divulgación científico-tecnolóxica
que terán lugar nas instalacións de CITEXVI, GRADIANT e ENERGYLAB.
As
xornadas concentran diferentes charlas e obradoiros, a través dos cales o
estudantes coñecerán o nivel de contaminación dos seus trebellos tecnolóxicos e
tamén como utilizalos para aforrar e ser máis eficientes enerxeticamente
falando.
Un
Scalextric que funciona coa enerxía xerada polos propios estudantes ao dar
pedaladas nunha bicicleta, unha radio que funciona coa enerxía xerada por unha soa
candea, pantallas que se apagan cando non hai ninguén diante e volven funcionar
cando “ven” unha cara... con múltiples exemplos prácticos, búscase xerar
curiosidade e conciencia sobre os consumos dos aparellos electrónicos e as
alternativas para seren máis eficientes.
As
tres entidades, CITEXVI, EnergyLab e Gradiant, organizan nestes primeiros meses
do ano, unha serie de obradoiros centradas na tecnoloxía e na eficiencia
enerxética.
Estas
actividades desenvólvense no propio
edificio CITEXVI, inaugurado este verán por Cristina Garmendia (ex ministra de
Ciencia e Innovación) e o presidente da Xunta de Galicia Núñez Feijoó e que
conta con múltiples espazos para a organización deste tipo de xornadas. Nas
súas instalacións están establecidos, entre outros, Gradiant e EnergyLab, dous
centros punteiros en cadansúas especialidades que, desta volta, se unen para
ofrecer unha actividade de divulgación dirixida a fomentar o uso eficiente e
responsable da tecnoloxía.
Este
xoves, as entidades acollerán a segunda xornada, que se repetirá os martes e os
xoves ao longo de case todo o mes de febreiro.
Estas
xornadas, que están cofinanciadas pola FECYT (Fundación Española para la
Ciencia y la Tecnología) supoñen a primeira actividade de divulgación
científica organizada en colaboración por entidades aloxadas no edificio CITEXVI.
Para
seguir o desenvolvemento das actividades:
Twitter:
@Eficien_TIC @GradiantNews @Energylab1
No hay comentarios:
Publicar un comentario